miércoles, 2 de febrero de 2011

Noticias de la Fundación Wenceslao F. Flórez

Estimados amigos,

O próximo sábado, día 5 de Febreiro, continuaremos coa lectura iniciada o mes pasado cunha selección de textos de El espejo irónico, de WFF, que alternaremos con textos de outros autores contemporáneos. Será a partir das sete da tarde en Villa Florentina.

O domingo 6 centraremos a nosa tertulia Té con Historias na figura do debuxante e ilustrador Bartolozzi, quen colaborou con WFF en diversas ocasións. Esta cita é ás seis da tarde.

O sábado día 12 temos unha nova sesión da Caixa dos Contos Favoritos e escenificaremos o conto de creación propia escrito por Carmen Cácharo titulado Ailis y el misterio de las mariposas desteñidas. Será ás 7 da tarde en Villa Florentina.

Esperamos que estas actividades sexan do seu agrado.

Reciban un moi cordial saúdo.
Antonio Montero
Director FWFF

No hay comentarios: