miércoles, 2 de febrero de 2011

A UNED SÉNIOR Grabará un documental sobre as antigas escolas

A UNED Sénior grabará un documental sobre as antigas escolas.


A Uned Sénior, en colaboración co Concello de Guitiriz e a Fundación TIC, promove a grabación dun documental para poñer en valor as antigas escolas da localidade e recordar o proceso
educativo da primeira metade do século XX.

Ao igual que fixeron os veciños de Xestoso (hai dous anos) e os de Momán-Labrada a traverso dunha exposición en agosto de 2010, este proxecto forma parte do programa sobre Memoria
Histórica dos Consellos de Maiores. «O importante é que se poda recuperar esta parte da vida cotiá dos que viviron na primeira metade do século XX para intercambiar experiencias e facer partícipes delas
a todos, principalmente ás novas xeracións, para que coñezan o seu pasado», afirmou o coordinador do proxecto, Luis Rodríguez Patiño.
Dende o Concello, barallan que as grabacións poderían comezar xa no mes de febreiro e aseguran que poñerán a disposición deste proxecto todo o que esté na súa man para levalo a cabo, así
como as distintas escolas unitarias e a habanera para as localizacións.
No documental, amosarase a infancia no rural e nas escolas unitarias: os mestres, os compañeiros de clase, o material, os libros e todo virá acompañado de fotografías da época e das testemuñas
e recordos dos máis maiores.
Ademais, a grabación recollerá a historia e a creación das escolas habaneras o de indianos.

No hay comentarios: