jueves, 8 de septiembre de 2011

Matrícula UNED Sénior.




Os alumnos da UNED Sénior terán ata a segunda semana de outubro para formalizar a súa matrícula



O período de formación universitaria para maiores de 52anos comeza desde hoxe, 13 de Xullo, para os que queiran formar parte da UNED Sénior que puxo en marcha o Consello de Anciáns de Xestoso e Momán e que abriu xa o seu período de matrícula. Aqueles que queiran formalizar a súa pertenza a este programa educativo poderano facer ata a segunda semana de outubro.


Esta IV edición da UNED Sénior conta coa colaboración de seis concellos das comarcas do Eume (Paderne, Monfero e Aranga) e Terra Chá (Guitiriz, Xermade e Begonte) e ofertará un total de 6 materias. Así, aqueles que formen parte do curso 2012012 poderán estudar, dentro do Bloque I, asignaturas como “A actividade física e a súa incidencia na saúde” e a “Prevención de ricos na vida cotiá”. No Bloque II haberá “Cursos Instrumentais”, “Informática 1 e 2” e “Novas tecnoloxías”; mentres que no terceiro Bloque, tratarase “Cultura Xeral e Divulgación Científica”, así como “Tertulias Literarias e música”.e Introducción a Historia do Arte.


Desde este organismo informouse de que as clases comezarán a impartirse o próximo mes de outubro e prolongaranse ata xuño de 2012 O acto de inauguración do curso terá lugar no Concello de Guitiriz
Formalización vía Internet ou na sede de Cambás
Para poder formalizar a matrícula haberá dúas opcións. A primeira sería acudir directamente ao Centro Asociado, que se atopa no Centro Cultural de Maiores da parroquia de Cambás, mentres que a segunda sería mediante a páxina web da propia UNED Sénior, que se atopa na dirección http://www.quned.es/mvg/senior/acoruna.
Os pagos das matriculacións realizaranse a través do coordinador da actividade, neste caso Luis Ángel Rodríguez Patiño, quen centralizará logo o seu ingreso na conta habilitada ao efecto do Centro Asociado da UNED en A Coruña. Así mesmo, gracias ás as vantaxes de ser alumnos terán descontos especiais no prezo de matrícula por ter esta consideración.

Clases presenciais e actividades lúdicas

A especial metodoloxía que se emprega nesta formación permite unha combinación de clases presenciais con actividades prácticas e lúdicas, como as saídas a distintos museos e outras actividades. Ademais, a introdución das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) aportarán unha maior flexibilidade ao alumno.

Dous cuadrimestres

Ao igual que o curso académico universitario, o Programa UNED Sénior estrutúrase en dous cuadrimestres para os que se abrirá senllos períodos de matrícula, o primeiro ata a segunda semana de Outubro, e ata principios de febreiro para o segundo.
No tocante aos horarios, a materia de “Prevención de Riscos cotiás” será impartida en Momán os xoves de 16.30 horas a 18.30. As tertulias literarias e Introducción a Historia do Arte que pon en marcha Felipe Senén serán os martes, mentres que as clases de informática, que ten unha taxa de asistencia superior ao resto das materias será os mércores de 15 a 19 horas e que terá lugar no Telecentro do Concello de Guitiriz y en el telecentro de Cambás.. Xa para o sábado queda fixada a “Actividade física e incidencia na saúde”, no ximnasio do Alto de Xestoso de 11 horas a 13 horas.

Guías didácticas e recursos audiovisuais


Os alumnos Sénior disporán de diverso material en forma de TIC, como poden ser as Guías Didácticas, así como diversos recursos audiovisuais de cada unha das súas materias. O obxectivo é que poidan actuar de xeito autodidacta, e continuar a súa aprendizaxe por si mesmos.
Outras das vantaxes das que gozarán os estudantes será o acceso aos servizos do Centro Asociado da UNED en A Coruña, que conta de correo electrónico persoal e carné universitario. Ao finalizar o curso, faráselle entregará a cada alumno dun certificado de participación e o Diploma Sénior Superior se se superan os 30 créditos dos que consta o programa. Superados os créditos os alumnos poderán realizar un traballo para obter o Titulo Sénior Superior.
Salón de conferencias e biblioteca
Unha das novidades deste ano será a creación dun salón de conferencias e unha biblioteca no centro que esta institución de ensinanza superior ten no Centro Cultural de Maiores da parroquia de Cambás, unha das sedes do Consello de Anciáns de Xestoso-Cambás e dos consellos de maiores de Momán e Labrada. Unha axuda da Consellería de Medio Rural permitiu a creación desta nova ferramenta educativa que completará o período de estudos da UNED.

No hay comentarios: